1ª Xornada de convivencia

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

Os máis pequenos fixemos xogos cooperativos e pasámolo xenial.

Con bólas e aros moito corremos e brincamos.

E xa pintadiños, que guapos quedamos!

Os “xogos de mesa” sempre son moi entretidos e con amiguiños moito máis divertidos.

Ollo coa “ola” porque se te despistas perdes a bóla.

Pistas e máis pistas e non achamos “o tesouro”.

Ler e pensar, probas que pasar, retos que superar para a meta chegar e a “xincana” rematar.

Despois de tanta intriga, animámonos con “zumba”, movo por aquí e movo por alá.

É hora de relaxarnos. Con “ioga” concentrámonos.

E como estamos centrados, ao “tres en raia” probamos.

Despois de tanto cavilar, algo haberá que descansar e o “cine” é un bo lugar.

Chegoulle o turno aos “xogos tradicionais”. Un pouco de movemento e con picardía coller asento. Un, dous, tres, zapatiño quieto es; móvome e non me ves.

“Traballos manuais” teremos e as pedriñas decoraremos; despois, algún agasallo faremos.

Realizamos bonitas e orixinais “construcións”. Que ben traballamos en equipo!

Cantos obxectos para “encher a mochila”: uns a gardar, e outros a baleirar; este é o conto de nunca acabar.

E, para rematar, todos xuntos no “karaoke” imos cantar e bailar.

Coas novas tecnoloxías tamén o pasamos ben. Facendo o “kahoot” comprobamos o que sabemos, e sen perder tempo resolvemos.

Xa todo está a piques de rematar, pero antes nos “inchables” queremos saltar e coas pantallas interaccionar.

Esta xornada chega ao final e, despois dunha mañá moi entretida, toca gozar da “comida!”.

Na vindeira “xornada” contamos con todos.

Grazas pola vosa participación!

Post relacionados

Campaña Esquí 2019Campaña Esquí 2019

A Diputación Provincial da Coruña concédelle ao Concello de Narón 13 prazas para a participación na “Campaña de Esquí 2019”, na 3ª quenda (do 8 ao 11 de febreiro de 2019). Os interesados deberán entregar no Rexistro do Concello de Narón a ficha de inscrición con data límite do 10 de xaneiro de 2019.

(máis…)

Jóvenes talentos. Relato corto.Jóvenes talentos. Relato corto.

Paula Novo Purriños, alumna de 2º de ESO, participó en la 57ª edición del Concurso Coca-Cola Jóvenes Talentos de Relato Corto (Fase Provincial), y es una de las tres clasificadas en el sector de Ferrol.

Hay que esperar a la gala de entrega de premios en la que, junto a los demás clasificados de otros sectores, conoceremos en qué posición queda. ¡Esperamos que sea en la primera! ¡Estamos muy satisfechos!

¡ENHORABUENA, PAULA!