Eu leo, eu son Booktuber

Como todos ben sabedes, o 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro.

Para festexalo, a biblioteca pública de Narón presentou unha proposta dirixida principalmente ao público xuvenil.

Creouse un canal en Youtube (con vídeos de entre 4 e 7 minutos)  no que os participantes podían facer reseñas e recomendacións dos seus libros favoritos.

Do noso colexio participou Noelia Pena, que nos falou do libro titulado Coraline, de Neil Gaiman. Por outra banda, Sergio Suárez, xunto cos seus amigos, contáronnos as aventuras do Hobbit de J.R.R. Tolkien.

Parabéns, sodes uns auténtic@s Booktubers!  

 

Post relacionados

LondonLondon

Os alumnos de Primaria teñen moito interese pola vida e cultura inglesa, especialmente pola cidade londinense. Así que, como era moi difícil ir de viaxe ata alí, decidimos traela ao noso cole. O primeiro que fixemos foi ubicarnos xeográficamente e aprender símbolos relacionados como a súa bandeira “union Jack”.

(máis…)

Ratón PérezRatón Pérez

Tanto los padres como los profesores somos los que debemos inculcar buenos hábitos en el cuidado e higiene dental de los niños desde muy pequeños. Por ello, los alumnos de 3º de primaria asistimos a una charla relacionada con este tema. Para hacer más entretenida y educativa esta sesión, tuvimos la suerte de contar con la madre de Guille, nuestro compañero de clase.

(máis…)