Estrela: Paula Tuimil

Sorprendidos con Paula!

Paula, xunto cos seus pais Mesi e Bea, ensinounos dúas das súas grandes habilidades:

Facer quebracabezas e patinar.

Cos quebracabezas que Paula nos trouxo (de Frozen, de Cars…) xogamos, por equipos, a facer un campionato; aínda que, primeiro, mostrounos como clasifica as pezas para que resulte máis fácil.

Despois, ao aire libre, cos seus patíns e as proteccións colocadas, Paula demostrounos que é unha magnífica patinadora. Fixemos dous xogos nos que participamos todos.

E, por último, as afeccións da nosa estrela Paula nunha presentación de fotos e vídeos: ir ao cine, disfrazarse, facer quebracabezas, andar na bici, xogar cos seus bonecos e patinar.

Pasámolo xenial!

Post relacionados