Admisión 2019-2020

Aportación de documentación

Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2019-2020, informamos de que aquelas persoas que solicitaron praza para o 4º CURSO de Educación Primaria deberán entregar na Secretaría a documentación dos criterios alegados na solicitude para proceder á baremación, xa que se presentaron mais solicitudes que prazas se ofertan.

Prazo: do 25 de marzo ao 5 de abril (incluído)

Nos restantes cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación, xa que quedaron prazas vacantes.

Lembramos que o domicilo familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

Post relacionados

Procedemento reclamación cualificaciónsProcedemento reclamación cualificacións

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022-2023.