Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

MM

Axudas libros de texto 2020/21

por MM

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2020/21.

Prazo de presentación: rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

Presentación de forma presencial (Anexo I e Anexo II)

Presentación a través da sede electrónica.

Máis información

Programacións didácticas

por MM
Adaptacións das programacións didácticas por causa da COVID-19

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler Máis
Admisión 2020/2021

Admisión 2020/2021

por MM

Admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Novos prazos de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio de 2020.

As solicitudes presentadas entre o 19 de maio e o 26 de xuño serán recollidas e rexistradas como presentadas fóra de prazo, a partires do 26 de xuño deben ser entregadas na Inspección Educativa.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

Presentación en: Papel (Anexo II) ou mediante admisionalumnado

Prazas vacantes para o curso 2020/2021 (Actualizadas a 16/05/20)

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Ler Máis