Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

10 Artigos

Axuda gratuidade 0-3

por MM

A Escola Infantil Santiago Apóstol é beneficiaria da “Axuda para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos e sucesivos en escolas infantís de 0-3 anos de titularidade privada” (Orde do 13 de marzo de 2020) pola que se aplicará unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 aos segundos fillos e sucesivos da unidade familiar.

Axudas libros de texto 2020/21

por MM

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2020/21.

Prazo de presentación: rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

Presentación de forma presencial (Anexo I e Anexo II)

Presentación a través da sede electrónica.

Máis información

Axudas material escolar (Concello de Narón)

por MM

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL DIDÁCTICO E ESCOLAR DO ALUMNADO MATRICULADO EN CENTROS PÚBLICOS OU CONCERTADOS DO CONCELLO DE NARÓN NO CURSO ACADÉMICO 2016-2017

Beneficiarios: Familias empadroadas en Narón cunha antigüidade mínima de seis meses á data da solicitude ou da convocatoria das axudas con fillos escolarizados nos niveis educativos que se detallan de seguido:

Niveis educativos: Educación Infantil (2º ciclo), Primaria, ESO, Bacharelato, FP de ciclos medios, Educación secundaria de Adultos e centros de Educación Especial.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o día 16 de setembro ata o día 30 de setembro de 2016 (ambos inclusive) en horario de 8:30 horas a 13:00 horas.

Información e Solicitudes: Servizo Sociocomunitario municipal (1ª planta do Concello de Narón).