Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

43 Artigos

Tareas ESO #YoMeQuedoEnCasa

por MM

A partir do luns 16 de marzo os alumnos poderán acceder ás actividades das distintas materias a través da Aula Virtual do centro.

Os alumnos utilizarán o acceso de convidados. O contrasinal para acceder será facilitado, polo seu titor, a través do espazo Abalar.

Admisión 2020/2021

Admisión 2020/2021

por MM

Admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 23 de marzo de 2020.

Presentación en: Papel (Anexo II) ou mediante admisionalumnado

Prazas vacantes para o curso 2020/2021

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Ler Máis

O Magosto (Primaria 2019)

O Magosto (Primaria 2019)

por TP

O outono en Galicia vai indiscutiblemente ligado ás castañas. Son numerosos OS MAGOSTOS que se celebran en toda a comunidade, especialmente entre primeiro de novembro, día de Todos os Santos, e o 11 do mesmo mes, día de San Martiño.

Ler Máis
II Edición premios á excelencia académica

II Edición premios á excelencia académica

por TP

Co fin de premiar a aqueles alumnos dos centros que destacaron non só polo seu expediente académico, senón tamén polo seu esforzo e superación persoal, o compañeirismo e a solidariedade, a CECE Galicia celebrou o pasado sábado, 22 de xuño, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC), (ás 11:00 h.) a segunda edición dos premios galegos de excelencia académica.

Ler Máis

1ª Xornada de convivencia

por MM

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

Ler Máis
Concurso de videopoemas

Concurso de videopoemas

por MM

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

Ler Máis