Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

Oferta Educativa

No Centro impártense ensinanzas nas etapas de InfantilPrimariaSecundaria e FP Básica.

Dispoñemos de dúas unidades concertadas en cada un dos cursos do Segundo Ciclo de Educación Infantil e en todos os cursos de Educación Primaria e Secundaria.

Educación Infantil

A partir dos dous anos, nun entorno natural, acolledor e propicio que favorece a educación dos máis pequenos.

  • Primeiro Ciclo (2 – 3 anos)
  • Segundo Ciclo (3 – 6 anos)
    • 4º curso (3 anos)
    • 5º curso (4 anos)
    • 6º curso (5 anos)

Educación Primaria

  • 1º a 6º curso
  • Sección bilingüe en 3º Ed. Primaria (Plástica)

Educación Secundaria

  • 1º E.S.O.
  • 2º E.S.O.
  • 3º E.S.O.
  • 4º E.S.O.

FP Básica de Servizos Administrativos

título profesional básico ten tanto valor académico como profesional e permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

Cales son os requisitos para acceder á Formación Profesional Básica?

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
  • Cumprir 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso.

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que cumpran 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.