Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

Oxford Test of English

Oxford Test of English

O CPR Santiago Apóstol xa é Centro examinador de OXFORD

Comprácenos informarvos que xa estamos acreditados como Centro Examinador do Oxford Test of English.

Poderedes acadar as certificacións oficiais de nivel de inglés, avaladas pola prestixiosa Universidade de Oxford, mediante a realización das probas online das catro destrezas ou simplemente naquelas destrezas que precisedes superar.

A continuación, presentamos a relación de prezos:

  • Oxford Test of English Full Test (WRITING, READING, LISTENING e SPEAKING):  90 €
    • Alumnos, pais de alumnos e antigos alumnos: 75 €
  • Proba dun só Módulo (WRITING, READING, LISTENING ou SPEAKING): 42 €
    • Alumnos, pais de alumnos e antigos alumnos: 35 €

Características

  • Flexible e dispoñible 24/7. Pódese facer o exame en calquera momento, reservándoo con 15 días de antelación e o resultado estará dispoñible 10 días despois.
  • Ten unha duración de só 2 horas e a proba é adaptativa, cada alumno ten un exame distinto.
  • O Report Card é moito máis informativo que simplemente un “aprobado” ou un “suspenso”, dando unha puntuación en cada unha das 4 destrezas.
  • A proba é modular e podes repetir cada unha das destrezas (módulos) para mellorar a túa nota final, sen ter que repetir todo o exame.

 

Máis información en: http://www.oxfordtestofenglish.es/