Concurso de videopoemas

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

Os poemas finalistas foron: “Tan soyo” de Rosalía de Castro, presentado por Cristhian Fernández, Antía Vega e Leila Vegas; e “Tenrura” do propio Manuel María, presentado por Noelia Martínez, Paula Novo e Nayra Vázquez.

PARABENS AOS FINALISTAS!

Post relacionados

Ata sempre Mateo!Ata sempre Mateo!

Dende aquí queremos facerlle unha homenaxe a Mateo González, quen nos deixou inesperadamente esta pasada fin de semana. Moitos lembraredes a súa estadía no noso colexio, xa que el impartiu aquí clases de Expresión Corporal. Agora mesmo triunfaba na televisión, no teatro e no cine; pero non esquecía as súas raíces nin de onde viña.

(máis…)