Día da amizade

O alumnado de 5º de Primaria, para celebrar o día da amizade, escribiu en carteis tipo anuncio, que compartiron co resto do cole, frases en diferentes idiomas para dedicárllelas aos seus compañeiros.

Saíron cousas ben simpáticas!

Agardamos que a amizade sexa todos os días, e que teñamos sempre unhas palabras bonitas para os demais.

Post relacionados

Xornadas de orientaciónXornadas de orientación

Orientación académica e profesional

Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola directora, Berta; a titora: Conchi; e a Orientadora: Isabel, asistimos, o día 21 de febreiro, ás Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Concello de Fene. Alí, recibimos información de diferentes Titulacións e dos Ciclos Formativos, e respostáronnos a todas as dúbidas que se nos presentaron.

(máis…)