Estrela: Martín Becerra

O ornitólogo da clase!

Martín, no seu día como estrela, mostrounos moitas cousas sobre as aves, en concreto dos papagaios.

Coa axuda dos seus pais, ensinounos cómo nacen, qué comen, tipos…

Vimos que teñen grandes habilidades: xogar ao baloncesto, cantar, falar…

E, unha curiosidade, as pipas son lambadas para eles, e só as poden comer esporadicamente.

O seu yaco de rabo vermello chámase Newton.

Ten só seis meses, e gústanlle os agarimos.

Canto aprendemos con Martín e a súa familia!

Post relacionados

Época dos descubrimientosÉpoca dos descubrimientos

Os alumnos de 6º de Educación Infantil embarcámonos nunha nova aventura na que aprenderemos unha chea de cousas sobre a época dos descubrimentos, as viaxes en barcos por novas rutas marítimas, diferentes instrumentos de navegación, personaxes importantes durante esta época… (s. XV, XVI…).
Para motivarnos máis e aprender mellor, podedes achegar calquera material que creades que está relacionado co tema.

Moitas grazas.

Ángel e Tery