Exhibición na Malata da Policía Nacional

O Polideportivo da Malata e as súas Pistas de Atletismo acolleron a máis de 2000 escolares da comarca, entre os cales nos atopabamos, para observar unha exhibición de Unidades Policiais.

No pavillón quedamos abraiados vendo os exercicios de obediencia e olfacto protagonizados polos cans, cómo desactivaban unha bomba, reducían a un delincuente ou liberaban a un refén.

Nas pistas, mentres esperabamos a chegada do helicóptero, aproveitamos para merendar e poder aloumiñar aos cans.

Por último, puxeron á nosa disposición diverso material policial que non dubidamos en probar.

Grazas á Policía Nacional pola estupenda mañá que pasamos!

Post relacionados