Gañamos o premio co noso debuxo ecolóxico

O pasado xoves 23 de maio, dous dos nosos alumnos de Educación Primaria: Iago Lago, de terceiro de Primaria e Iago Vidal, de sexto, recibiron o primeiro premio no concurso de debuxo ecolóxico ao que se presentaban numerosos colexios de Ferrol e Narón.

Na gala anterior aos premios, gozamos de cancións, interpretacións e moito humor, ademais de recordarnos que, a través de concursos coma este, debémonos concienciar do importante que é o Medio Ambiente, e por iso, é preciso coidalo.

Nós quixemos mostrar mediante a nosa arte que, aínda que a natureza pode ser moi fermosa, está en perigo e está nas nosas mans mellorar o seu futuro.

Estamos moi contentos porque fixemos un debuxo para mellorar o noso planeta e ademais gañamos un patinete “roller”.

Facer as cousas para o beneficio de todos sempre ten recompensa.

Post relacionados

O magostoO magosto

Para celebrar e facer ben visible a nosa festa do Magosto, durante este mes do novembro gozamos dun pequeno recuncho outonal. Nel recollemos todo tipo de elementos vexetais que nos subliñan a importancia desta época do ano na nosa cultura. Castañas, ourizos, cabazas e uvas lémbrannos o noso vínculo coa terra e como o Magosto tamén é unha época de fartura.

(máis…)