Papiroflexia e origami

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria, como recompensa polo traballo realizado durante o confinamento, dedicaron a última semana do curso para facer traballos de papiroflexia (encartado de papel) e origami modular (módulos idénticos) para formar diversas figuras.

Esta disciplina ten moitos beneficios. Os máis importantes:

Incentiva a imaxinación.
Desenvolve a destreza manual e a coordinación.
Fortalece a paciencia e a constancia.
Mellora a memoria.
Agudiza a concentración visual e mental.
Axuda a comprender conceptos espaciais.
Reforza a autoestima.
Relaxa ás nenas e nenos.

Aquí vos deixo algunhas das marabillas que fixeron. Non sabía que tiña tantos artistas! Sorprendéronme gratamente!
Parabén a todos! Fixestes, sen dúbida, un traballo excelente.

Post relacionados