O día 10 de marzo, os alumnos de sexto de Primaria participamos nunha plantación no recinto feiral do Trece (Sedes).

Nesta actividade, promovida pola Corporación Masaveu, tamén cooperaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, algúns concelleiros e representantes da cementeira Tudela Veguín.

Antes de proceder á plantación, regaláronnos unhas camisetas. Logo explicáronnos características e curiosidades sobre as plantas, e como utilizar as ferramentas para plantar.

Dividímonos en grupos para comezar a tarefa. Plantamos: freixos, castiñeiros e cerdeiras, todos eles identificados cos nosos nomes que escribiramos antes nunhas etiquetas.

A mañá rematou cun estupendo aperitivo no recinto feiral do Trece.

Queremos repetir a experiencia!