Protagonista: Noa

Mergúllate connosco!

Noa, primeira protagonista da semana, veu acompañada dos seus pais. Ensináronos cousas sobre as afeccións de Noa que son mergullarse e pescar co seu pai e coa súa irmá.

Mostráronnos fotos de Noa mergullándose. E ata puidemos coller unha bombona de osíxeno dun equipo de mergullo de verdade!

Noa tamén ten a gran habilidade de manexar a linguaxe de signos.

Con axuda da súa nai Lorena fixemos, con signos, o abecedario e o noso nome.

Pasámolo xenial! Moitas grazas.

Post relacionados