Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

Escola Infantil 2 ANOS

Sistema de admisión

Requisitos dos solicitantes

  1. Poderá solicitarse o ingreso na Escola Infantil dos nenos/as que cumpran 2 anos antes do 31 de decembro do ano que se solicita praza.
  2. Estar ao corrente nas vacinacións da Comunidade Autónoma de Galiza.

Solicitudes de novo ingreso

  1. As solicitudes de novo ingreso recolleranse na secretaría da Escola Infantil (Anexo I) e presentaranse, debidamente cumprimentada, tamén na secretaría.
  2. A solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais.

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

Documentación requirida previa ao ingreso

  • Solicitude de admisión (Anexo I), que será facilitado na secretaría da Escola Infantil.
  • Certificado médico que acredite que o/a neno/a non padece enfermidade contaxiosa e está vacinado de acordo co calendario de vacinación vixente.
  • Fotocopia do libro de familia ou no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

 

Procedemento de ingreso

Prazo de solicitudes de admisión

O prazo de presentación das solicitudes de novo ingreso será desde o 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos dous inclusive.

Procedemento para a adxudicación de vacantes

  1. As prazas adxudicaranse segundo os seguintes criterios preferentes:
    • Cando o pai/nai ou titor/a legal do/a solicitante traballe no centro, este será admitido automaticamente.
    • Cando algún/unha irmán/á do/a solicitante estea matriculado no CPR Santiago Apóstol en calquera nivel de ensinanza, este será admitido automaticamente.
  2. Se unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e adxudicados os postos escolares aos solicitantes citados no punto anterior, estas superasen o número de prazas vacantes iniciarase un proceso de selección de solicitantes baseándose na aplicación do seguinte baremo:

 

CRITERIOS

PUNTUACIÓN
Fillos/as de ex- alumnos do centro 7
Proximidade do domicilio familiar ao centro

  • Domicilio familiar na área de influencia do centro
  • Domicilio familiar nas áreas limítrofes
  • Domicilio familiar noutras áreas
 

6
3
0

Proximidade do lugar de traballo ao centro (non acumulable ao domicilio)

  • Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal na área de influencia
  • Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal na área limítrofe
  • Lugar de traballo do pai, nai ou titor legal noutras áreas
 

4
2
0

 

Documentación a presentar cando a demanda de prazas sexa superior á oferta

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, a escola abrirá un prazo de 10 días, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Para efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e matrícula do alum­nado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

A documentación para acreditar os criterios é a seguinte:

  • Certificado do Colexio Santiago Apóstol que acredite que o pai ou a nai do/a solicitante foi alumno/a do centro.
  • Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. Deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.
  • Certificado da empresa que ten empregado ao pai ou á nai do/a solicitante onde figure o enderezo do centro de traballo, e no caso de traballadores/as por conta propia, alta censual inicial ante a AEAT e alta na TXSS no réxime correspondente.

 

Puntuación total e criterios de desempate

A puntuación total acadada conforme os criterios e valoración establecidos  decidirá a orde de admisión.

No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos  criterios atendendo a seguinte orde de prelación:

  1. Fillos/as de ex-alumnos/as do centro.
  2. Proximidade do centro ao domicilio familiar.
  3. Proximidade do centro ao lugar de traballo do pai, da nai ou titores/as legais.

Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado dun sorteo público, que realizará anualmente a Consellería de Educación, antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes, para a prioridade das letras dos apelidos.

 

Relación provisional de admitidos e non admitidos

As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publica­ción ante a titularidade do centro.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos

A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas fronte as listaxes provisionais, entenderase realizada a través das listaxes definitivas de persoas admitidas ou non admitidas.

A titularidade do centro publicará no seu taboleiro de anuncios, antes do 15 de maio de cada ano, as listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas, ordenadas segundo a puntuación total.

 

Lista de espera e adxudicación de vacantes

As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as solicitantes da lista de espera. As prazas que, sen causa xustificada, non se atopen cubertas ao 15 días de iniciarse o curso escolar, consideraranse como vacantes.

 

Impresos

  • Solicitude de admisión (Anexo I)
  • Parte de baixa de alumnado (Anexo II)
  • Autorización para traslado a un centro médico (Anexo III)
  • Autorización para a administración de medicamentos (Anexo IV)
  • Responsabilidade alimentos (Anexo V)
  • Autorización para o uso de imaxes no entorno escolar (Anexo VI)
  • Autorización para a recollida do neno/a (Anexo VII)