Titores TEI (ESO)

Os titores de 3º ESO e os titorizados de 1º ESO asistiron a varias sesións formativas.

A excepción dunha alumna que pediu ser colaborada, todos os demais se ofreceron voluntarios para realizar este labor. Acolleron esta nova iniciativa con moito entusiasmo e responsabilidade. Todo o profesorado e persoal do centro agasallou aos alumnos cun vídeo animándoos a ser titores. Emocionáronse moito.

GRAZAS A TODOS!

Post relacionados