Unha nova fase no Taller

“O mundo da arquitectura”

Investigamos obras arquitectónicas do mundo, a antropometría, a linguaxe dos arquitectos, planos, símbolos, escalas, medidas…
Teoría e moita práctica, que é co que mais gozamos todos.

Investigando a evolución da vivenda na Historia.
Obras arquitectónicas do Mundo. Cada un escolleu unha para investigar, analizar e compartir cos demais.
Leire, tan implicada coma sempre, compartiu co equipo todo o que encontrou pola casa que podía ser de interese para o noso tema de investigación. Gracias Leire!
Comeza o traballo práctico. Que emoción!
Planos, medidas, antropometría en acción…

Moita practica e conceptos claros para preparar a nova visita doutra “gran muller”: Carmen María, (proximamente nunha nova entrada).

Post relacionados