Os alumnos de 4º ESO profundaron nos seguintes contidos da Xeoloxía: volcáns, a tectónica de placas, fallas transformantes, aparición de illas e formación de tsunamis, a través da realización de maquetas, moi logradas.
Co gallo do día internacional da muller, 8 de marzo, os alumnos de 1º ESO renderon homenaxe ás mulleres que loitaron e loitan pola súa participación na sociedade en diferentes ámbitos.
Cos nosos alumnos de 3º curso de Educación Primaria visitamos o Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña para establecer un acercamento ao coñecemento, á cultura e á educación científica a través das coleccións históricas de ciencia e tecnoloxía.
Este ano, recadamos na tómbola que facemos para colaborar nalgún dos proxectos que ten a ONG MANOS UNIDAS en países menos desenvolvidos, un total de 595,31 €.
Coa venda de material de MANOS UNIDAS recadamos 865,50 €.
Os alumnos de quinto de primaria fixemos unhas “mini eleccións” para comprender mellor todo o proceso electoral.
Dende aquí queremos facerlle unha homenaxe a Mateo González, quen nos deixou inesperadamente esta pasada fin de semana. Moitos lembraredes a súa estadía no noso colexio, xa que el impartiu aquí clases de Expresión Corporal. Agora mesmo triunfaba na televisión, no teatro e no cine; pero non esquecía as súas raíces nin de onde viña.
(máis…)