Autor: IV

Origami modular – 6EPOrigami modular – 6EP

O alumnado de 6º de Primaria iniciouse no origami modular, e, aínda que ao principio lles custou aprender a facer un módulo correctamente (a uns máis que a outros), fixéronse coa técnica rapidamente e realizaron auténticas marabillas. Sei que algúns continuarán no verán porque esta actividade engancha ao tempo que relaxa. Tedes que estar moi orgullosos das vosas obras.

Parabéns a todos!

(máis…)

Na procura do benestar físico, mental e socialNa procura do benestar físico, mental e social

Neste curso, os alumnos de sexto estamos desenvolvendo, dentro do marco de SEMGAL, un proxecto sobre a saúde física, mental e social. Despois de ver vídeos na clase, comentalos, documentarnos sobre o tema que máis nos gustou, o resultado final foron unhas exposición que cada un de nós fixo na clase ante os compañeiros. Velaquí o resultado final desta actividade.

(máis…)