Que ben o pasamos celebrando os aniversarios das nenas e nenos que naceron en setembro!
Velaquí a proba!
(máis…)
Que ben o pasamos celebrando os aniversarios das nenas e nenos que naceron en setembro!
Velaquí a proba!
(máis…)
Este mes, os alumnos de 3 anos, comezaron a súa aventura no cole.
Velaí unha mostra dos seus primeiros días.
(máis…)
Durante este este último mes estivemos a investigar sobre Narón.
Pero… onde está Narón? Onde está A Coruña? E Galicia?…
(máis…)
Os nenos e nenas de Infantil estamos coñecendo a lingua de signos. Deixámosvos un vídeo dunha canción que aprendemos para conmemorar o día da Paz. Esperamos que vos guste.
(máis…)
O alumnado de 5 anos fixemos unha festa Neon. Pasámolo en grande xogando coa luz negra e as cores. Gozamos e estimulamos os sentidos: tacto, vista, oído…
(máis…)
O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.
Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas…
A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.
Este ano tamén celebramos, aínda que dunha forma diferente, o Día da Paz e da non violencia.
Pasámolo moi ben. Queremos compartilo con todas as familias.
Esperamos que o gocedes.
(máis…)