
Comprácenos informarvos que é posible acadar as certificacións oficiais de nivel de inglés, avaladas pola prestixiosa Universidade de Oxford, mediante a realización das probas online das catro destrezas ou simplemente naquelas destrezas que precisedes superar.
- Oxford Test of English Full Test (WRITING, READING, LISTENING e SPEAKING)
- Proba dun só Módulo (WRITING, READING, LISTENING ou SPEAKING)
Características
- Flexible e dispoñible 24/7. Pódese facer o exame en calquera momento, reservándoo con 15 días de antelación e o resultado estará dispoñible 10 días despois.
-
Ten unha duración de só 2 horas e a proba é adaptativa, cada alumno ten un exame distinto.
-
O Report Card é moito máis informativo que simplemente un “aprobado” ou un “suspenso”, dando unha puntuación en cada unha das 4 destrezas.
-
A proba é modular e podes repetir cada unha das destrezas (módulos) para mellorar a túa nota final, sen ter que repetir todo o exame.
Máis información en: http://www.oxfordtestofenglish.es/