Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021-2022, poderán consultarse única e exclusivametne no taboleiro de anuncios do centro ou a través da aplicación admisionalumnado empregando Chave365 ou certificado dixital.

As solicitudes de admisión presentadas ata o 18 de maio serán consideradas fóra de prazo e, a partires desa data, entran no período extraordinario de admisión e deben ser presentadas no Servizo de Inspección Edutativa ou no centro educativo para o que solicita praza no caso de ter prazas vacantes.

  • Admisión fóra de prazo: Ata o 18 de maio de 2021

  • Admisión en período extraordinario: A partir do 19 de maio de 2021. Deberán entregarse nun rexistro físico ou electrónico oficial, xunto coa documentación solicitada. No caso de non adaptarse aos artigos 44, 45 e 46 da Orde do 12 de marzo de 2013, deberán expoñer nun escrito o asunto polo que solicitan o cambio, que será valorado polo servizo para realizar ou non o traslado de centro. No caso de que o centro solicitado dispoña de praza vacante, a solicitude poderá entregarse no mesmo.

  • Matrícula: Deberá presentar o formulario de matrícula o alumnado ao inicio da escolarización 4º de Educación Infantil ou 1º de Educación primaria. O alumnado xa escolarizado no sistema educativo, presentará o documento cando cambie voluntariamente de centro.
    • Educación Infantil e Primaria: Anexo I (páx. 6) do 20 ao 30 de xuño de 2021.
    • Educación Secundaria: Anexo II (páx. 7) do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2021.
    • Alumnado de continuidade: os alumnos de 6º de Educación Primaria e todo o alumnado da ESO que promocione de curso no mes de xuño formaliza matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2021. Os alumnos con algunha materia pendente para a convocatoria de setembro formalizarán a matrícula do 1 ao 10 de setembro no prazo extraordinario.
    • Formación Profesional Básica: admisión e matrícula no mes de setembro.