Xornadas de portas abertas

Para que as familias e nenos coñezan como serán algunhas das actividades extraescolares que o centro ofertará de cara ao curso 2018-2019, teremos unhas xornadas de portas abertas nas que os monitores farán unha pequena demostración. Para acudir a estas xornadas é necesario presentar o formulario que se entregou xunto coa circular, na secretaría do centro antes do vindeiro martes 18 de setembro.

As nenas e nenos que non pertenzan ao centro, e estén interesados en asistir, poden pasar pola secretaría do centro a anotarse ou a solicitar información.

Horarios das xornadas de portas abertas


  • COCIÑA (GAZAPO): Mércores, 19 de setembro de 16:00 h a 17:00 h (Educación Infantil 4 e 5 anos); de 17:00 h a 18:00 h (Educación Primaria).
  • ROBÓTICA (GAZAPO): Xoves, 20 de setembro de 16:00 h a 17:00 h Educación Primaria. (Pódese ofertar tamén a Educación Secundaria).
  • HABILIDADES DEPORTIVAS (GAZAPO): Venres, 21 de setembro de 16:00 h a 17:00 h (Educación Infantil 4 e 5 anos); de 17:00 h a 18:00 h (Educación Primaria).
  • PATINAXE (GAZAPO): Luns, 24 de setembro de 16:00 h a 17:00 h (Educación Infantil 4 e 5 anos); de 17:00 h a 18:00 h (Educación Primaria).

Post relacionados