No Centro impártense ensinanzas nas etapas de Infantil, Primaria, Secundaria e FP Básica.
Dispoñemos de dúas unidades concertadas en cada un dos cursos do Segundo Ciclo de Educación Infantil e en todos os cursos de Educación Primaria e Secundaria.
Educación Infantil
A partir dos tres anos, nun entorno natural, acolledor e propicio que favorece a educación dos máis pequenos.
- Segundo Ciclo (3 – 6 anos)
- 4º curso (3 anos)
- 5º curso (4 anos)
- 6º curso (5 anos)
Educación Primaria
- 1º a 6º curso
- Sección bilingüe en 3º, 4º, 5º e 6º Ed. Primaria (Plástica)
Educación Secundaria
- 1º E.S.O.
- Sección bilingüe en Educación Física
- 2º E.S.O.
- 3º E.S.O.
- 4º E.S.O.
FP Básica de Servizos Administrativos
O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional e permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Cales son os requisitos para acceder á Formación Profesional Básica?
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente.
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
- Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano naturall en curso.
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que cumpran 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
Que título se obtén?
Superando un ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, obterán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia
A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, pola opción de ensinanzas académicas ou pola opción de ensinanzas aplicadas, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
Cal é a validez dos títulos?
O título de técnico básico ten tanto valor académico como profesional.
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio. En caso de concorrencia competitiva, que existan máis solicitudes de matrícula que prazas, cada título de técnico básico permite a aplicación de criterios de preferencia para a admisión a certos ciclos de grao medio.