Best WordPress Theme based on Material Design - Materialize is a freemium WordPress theme developed by myThem.es

Comedor

Menú do comedor

1º TRIMESTRE 2020/2021

Almorzo

A nosa oferta para os máis madrugadores comeza ás 7:30 da mañá ata as 9:15, de luns a venres, en dúas modalidades:

  • Atención
  • Atención e almorzo

Durante ese tempo, os nenos estarán atendidos por persoal cualificado, e realizarán numerosas actividades lúdicas.

Atención

No caso de elixir esta modalidade:

1 día    2 €
Bono de 20 días   30 €

Atención e almorzo

O almorzo estará composto de: torradas, marmeladas, froitas, pan, leite, cereais, etc.

Neste caso, as tarifas son as seguintes:

1 día    3 €
Bono de 20 días       50 €

Comedor

Dispoñemos dun servizo de cátering (a través da empresa JARDANAY) que, diariamente, nos ofrece un variado menú, composto por un primeiro prato, un segundo prato, postre e pan. Enfocamos este servizo como un apartado educativo de suma importancia, onde os nosos alumnos poidan adquirir hábitos alimenticios e normas de comportamento na mesa, así como unha actividade máis de convivencia entre eles.

En todo momento están atendidos por varios monitores cualificados que, ademais de coidar da correcta alimentación dos usuarios deste servizo, realizan diversas actividades lúdicas despois das comidas.

As tarifas deste servizo dependen do número de días que os alumnos utilicen o comedor, e son as seguintes a partir do mes de outubro de 2020:

Todos os días 20 días 104 €
Días fixos 10 días    57 €
Ocasionalmente 1 día      6,5 €