Composición do Departamento de Orientación
O Departamento de Orientación do noso centro está integrado por un equipo multidisciplinar:
- Infantil e Primaria:
- Pedagoga e mestra de A.L. (Audición e Linguaxe)
- Mestres de apoio.
- E.S.O.:
- Psicóloga.
- Mestres de apoio.
As funcións de apoio aos alumnos con necesidades educativas especiais asumímolas, en cada etapa, un mesmo grupo de profesionais que estamos en contacto directo con todas as persoas implicadas na educación dos menores.
Metodoloxía de traballo
Partimos da demanda, ben vía centro, titores ou membros do equipo docente, ou ben vía familia. Comunicado o caso á responsable da etapa correspondente, a persoa que efectúa a demanda debe cumprimentar por escrito un protocolo no que se recolle a información precisa para o inicio da valoración directa co alumno.
Posteriormente, realízase a entrevista familiar inicial, seguida das probas pertinentes se son necesarias.
Recóllese información de todas as persoas que están en contacto directo e/ou interveñen no proceso de aprendizaxe do alumno, dentro e fóra do centro.
Unha vez finalizado o proceso de avaliación inicial, realízase unha reunión coa familia e o titor para establecer as pautas de actuación e orientacións convenientes intentando a maior coordinación posible escola-casa.
No mes de setembro, ao inicio de cada curso, o Departamento de Orientación de cada etapa organiza os horarios de apoio. En función do número de alumnos de cada curso, será posible incluír a máis, se fose necesario, independentemente de que o curso estivese xa avanzado.
Procuramos que os grupos sexan o máis reducidos posibles para poder ofrecer un ensino eficaz.
Durante o curso, estamos semanalmente en contacto directo cos titores e/ou co resto de profesores, e están establecidas reunións trimestrais coa totalidade dos membros de cada ciclo para seguir o desenvolvemento de cada alumno e facer as modificacións necesarias.
Criterios de prioridade para a atención de alumnos en Infantil e Primaria:
- Atenderase a aquel alumnado que se aconselle na correspondente avaliación psicopedagóxica.
- Será necesaria autorización previa das familias.
- Alumnado obxecto de A.C.I.
- Continuarase cos apoios realizados no curso anterior, sempre e cando o sigan necesitando, priorizando de 1º a 6º de Ed. Primaria.
- Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.
- En Educación Infantil só se intervirá nos casos graves, determinados no correspondente informe psicopedagóxico.
Contacto
En todas as Etapas e niveis educativos o Departamento de Orientación está dispoñible para a consulta, a colaboración e o intercambio de información cos profesores e titores, para a entrevista e o asesoramento dos pais que o soliciten, e para a atención individualizada aos alumnos que o precisen.
Coordinadora Infantil e Primaria: Emma María Pérez García
Coordinadora E.S.O.: María del Carmen Torrecillas Rodríguez
Horario de atención: Indicarase, previa petición de cita vía titores, secretaría ou directamente ao departamento de cada etapa.