25N – 2021

Día Internacional contra a violencia de xénero

Os alumnos de 5º de Primaria acudimos, en representación do noso colexio, ao acto institucional organizado polo Concello con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria á que asistiron outros edís da corporación local, entre eles a concelleira de Igualdade, Mar Gómez.

 A alcaldesa leu o manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias #PoloBoTrato, no que se incide no agravamento do problema da violencia de xénero coa COVID-19. Trala lectura, Ferreiro deu paso a dous alumnos do noso colexio que leron un poema reivindicativo da igualdade e contra a violencia de xénero.

Ata levamos pancartas!

Moitas grazas, profe José Manuel!

Asistiron representantes do movemento asociativo e entidades da cidade.

Foi un día completo xa que a primeira hora da mañá na clase de Educación Física, participamos na marcha ciclista virtual, tras suspenderse a prevista de xeito presencial polas previsións meteorolóxicas.

Grazas, profe David!

Post relacionados