Desde hoxe día 6 de setembro e ata o día 30 de abril de 2023 (ambos inclusive) pódense solicitar as axudas municipais de material e comedor escolar, Curso 2022-2023.
Axudas NEAE 2022/2023
Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2022/2023
Convocatoria: Resolución pola que se convocan as axudas; Anuncio da convocatoria (BOE do 18 de maio de 2022)
Prazo aberto ata o: 30 de setembro de 2022 (inclusive)
As axudas citadas soamente están destinadas a aqueles alumnos que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da súa discapacidade ou transtorno grave de conducta, ou ben, asociados a altas capacidades intelectuais.
Tramitación
Realizarase por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.
Axudas libros de texto 2022/23
Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2022/23, o procedemento ED330B: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO).
- En 3º e 5º de EP e 1º e 3º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
- En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22.
Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Prazo de presentación: desde o 19/05/2022 e rematará o día 22 de xuño de 2022. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2023.
Presentación de forma presencial (Anexo I e Anexo II)
Bolsas MEC: Convocatoria 2022/2023
Distribución de máscaras
Axudas material escolar 2020-2021
- Convocatoria
- Bases reguladoras
- Prazo: 27 de xullo ao 14 de agosto
Axudas comedor escolar 2020-2021
- Convocatoria
- Bases reguladoras
- Prazo: 27 de xullo ao 14 de agosto
Axuda gratuidade 0-3
A Escola Infantil Santiago Apóstol é beneficiaria da “Axuda para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos e sucesivos en escolas infantís de 0-3 anos de titularidade privada” (Orde do 13 de marzo de 2020) pola que se aplicará unha bonificación do 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada entre o 1 de abril e o 31 de decembro de 2020 aos segundos fillos e sucesivos da unidade familiar.