XXII edición dos premios Muralla de Lugo de debuxo e redacción infantís.
O CPR Santiago Apóstol é o colexio gañador na categoría de grupo de traballos de debuxo.
O Colexio Santiago Apóstol de Narón e o CRA Amencer de Ribadavia convertéronse nos gañadores da terceira edición do concurso Pilabot. Este é o fallo do certame anual organizado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración cos xestores de pilas autorizados na Comunidade galega —Ecopilas, ERP e Ecolec—.
Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.
Cita previa para visitar o centro ou recibir información: 981 383 851 ou secretaria@cprsantiagoapostol.com
Recoméndase o uso preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes, sempre que se dispoña de certificado dixital ou Chave365.
As solicitudes presentadas entre o 22 de marzo e o 25 de abril serán recollidas e rexistradas como presentadas fóra de prazo, a partires do 25 de abril considérase presentada en prazo extraordinario e deben ser entregadas na Inspección Educativa ou no propio centro (Formulario período extraordinario: Solicitude – Comprobación de datos e consentimento).
Prazas vacantes para o curso 2022/2023. Poderán sufrir variacións ata o mes de maio de 2022.
Reserva de praza para o centro adscrito (IES Terra de Trasancos)