“O noso debuxante de quenllas”
Alberto, que veu acompañado dos seus pais e do seu irmán, mostrounos o ben que debuxa. Pero, non veu a súa familia ao completo, xa que faltaba o seu gatiño, que é un pouco tímido e quedou na casa.
O seu irmán contounos que todos os nenos teñen un “súper poder”; o de Alberto é a memoria.
Cos seus contos sobre quenllas e animais mariños demostrounos cantos nomes e datos sabe sobre eles.
Como lle encantan os traballos manuais, ensinounos a facer unha quenlla e fixémola, mentres el debuxaba unha na pizarra.
Tamén vimos os seus xoguetes favoritos… Por suposto… Quenllas!
Grazas familia por ensinarnos tan ben as grandes habilidades de Alberto!