Co fin de premiar a aqueles alumnos dos centros que destacaron non só polo seu expediente académico, senón tamén polo seu esforzo e superación persoal, o compañeirismo e a solidariedade, a CECE Galicia celebrou o pasado sábado, 22 de xuño, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC), (ás 11:00 h.) a segunda edición dos premios galegos de excelencia académica.
Na categoría de educación primaria, resultou premiado o noso alumno Xián Martínez Anllo.
Na categoría de educación secundaria, o premio foi para Jorge Rodríguez Varela.
A intención é non só o recoñecemento aos alumnos galardoados, senón tamén celebrar un acto coa maior visibilidade posible dos nosos centros.
Para a entrega dos premios contouse coa asistencia de Autoridades Académicas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Parabéns aos premiados e ás súas familias!