O pasado 14 de outubro, iniciouse o Programa TEI (Titoría Entre Iguais) deste curso cun acto de presentación no que se coñeceron titores/as de 3º ESO e titorizados/as de 1º ESO.
Xerouse moita emoción e expectación por saber “quen lles tocaría”.
Os alumnos/as titores recibiron un diploma de compromiso e un carné acreditativo do seu rol que lles entregou o director e os titorizados/as un tríptico coas bases do Programa.
A continuación, fotografáronse, para o recordo, por parellas e por grupos.
Ánimo, temos moita esperanza en todos vós!