O venres 8 de novembro, a nai de Alma, unha alumna de 4º de primaria, ofreceuse para impartirnos unha charla sobre diferentes técnicas de primeiros auxilios.
A implicación dos pais na escola para axudarnos na formación dos nenos é moi enriquecedora, e desta colaboración beneficiámonos todos. Por iso, moitas grazas a Bea polo seu tempo, pola súa charla tan interesante e pola súa paciencia.