Marta e Patricia, de Adeslas Dental, viñeron ao noso cole para explicarnos o importante que é manter unha boca sa.
Fixemos un xogo onde clasificamos alimentos en bos e malos para a nosa dentadura.
A través dun vídeo moi entretido, aprendemos moitas cousas sobre a saúde da nosa boca.
Xogamos a pintar as carie nunha dentadura para logo eliminalas cun cepillo.
Por último, déronnos cadanseu agasallo, que nos gustou moito.
Grazas Patricia, a Marta, e a todo o equipo de Adeslas Dental!