Protagonista: Carla

A raíña das tres rodas

Carla foi a nosa protagonista antes de que suspenderan as clases por mor da corentena.

Veu acompañada dos seus pais, María e Isra, e dos seus irmáns Iago e María.

Primeiro propúxonos un xogo, que consistía en colcar imaxes na súa cabeza. Coas pistas que lle iamos dando, tiña que adiviñar de qué se trataba. Todas eran cousas que lle gustaban, así viamos os seus gustos.

Despois, fomos todos xuntos ao patio para que nos fixera unha demostración do ben que patina.

Por último, e para que tivésemos un recordo doce, repartiunos cadansúa lamberetada.

Grazas Carla e familia!

Post relacionados

Concurso de videopoemasConcurso de videopoemas

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

(máis…)