De súpeto, xa estabamos a finais de outubro festexando “Halloween”. A palabra contén o seu propio significado “all Hallow eve” Véspera de todos os Santos.
Esta celebración de orixe celta, que comezou en Irlanda, chegou tamén ao noso cole.
Os máis pequenos de Primaria vimos vídeos de debuxos onde nos explicaban a orixe desta festa. Ademais, decoramos terribles monstros e pantasmas. Mesmo fixemos un castelo enfeitizado que daba moito medo.
Os de cuarto, quinto e sexto fixeron unhas máscaras con temática da familia Addams (familia arrepiante onde as haxa). Tamén pintaron varios murais do corredor e levaron a cabo probas sinxelas coma sopas de letras, ordear unha receita destas datas, ou pór a cada debuxo a súa palabra.