Como ben sabedes, o grupo de baileLil Kids foi gañador do concurso de Got Talent.
Temos dúas compañeiras en Secundaria que viviron a experiencia e viñeron a quinto de Primaria para compartila con nós. Queríamos saber moitas cousas!
As nosas artistas chámanse Alba e Chloe, cursan 1º de ESO e a súa paixón é bailar. Ensaiaron moitas horas para poder chegar aí, pero dinnos que valeu moito a pena.
Vimos a actuación con elas e non puidemos evitar emocionarnos de novo. Sorrían, comentando que aínda non o cren.
Alba explicounos o difícil que foi preparar todas as coreografías, o vestiario, o peiteado… e todo en tempo récord! Chloe animounos a que bailemos, porque o importante é vivir a experiencia, o de gañar foi un “plus” engadido, pero que tamén estaría moi feliz se o resultado final fose distinto.
PARABÉNS RAPAZAS!