Listaxes definitivas 2024-25

Desde hoxe, 15 de maio de 2024, a listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total, está dispoñible para a súa consulta a través da aplicación informática admisionalumnado, e permanecerá exposta e accesible ata o día de inicio do novo curso escolar no taboleiro de anuncios do centro. As reclamacións presentadas ante as listaxes provisionais entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

Impugnación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.

Post relacionados

Lei do MenorLei do Menor

O pasado 4 de outubro persoal da Asociación ARELA (entidade galega que ten como misión fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude de Galicia en situación de desprotección e/ou conflito social) impartiu, ao igual que en anos anteriores, unha charla sobre a Lei do Menor dirixida ao alumnado de 2º da ESO.

Esta actividade está contemplada no seu Programa de Prevención de condutas infractoras, denominado KTORCE-18, en alusión ás idades que abarca.