Un ano máis chegou a festividade de San Patricio (patrón de Irlanda).
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Traballamos co vocabulario máis axeitado para esta data: “Leprechaun”, “shamkrock”, “Ireland”, “pot of gold”, “rainbow”…
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Cada curso fixo unha manualidade diferente: os de primeiro levaron un colgante con forma de trevo; os de segundo, unha postal; os de terceiro, un arco da vella; os de cuarto, unha gravata con deseños persoais; os de quinto crearon un “Leprechaun“; e os de sexto botaron unha man coa decoración da entrada, portas e o corredor: debuxaron, pintaron, inflaron globos, recortaron…
Tivemos un concurso de gorros típicos do día de San Patricio e de moedas. Nel participaron os alumnos de sexto e algún de quinto e cuarto.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Agradecémoslles a todos o esforzo que fixeron e a imaxinación que lle botaron: Gorros dun envase de iogur, outro de queixo, con cartón, papel, teas, purpurinas…. Moedas xigantes, pequenas, con materiais ben diferentes. Deixáronnos abraiados! E unha man inocente de infantil foi quen elixiu aos gañadores. Parabéns a todos por participar!
Desexamos que o ano que vén se animen da mesma maneira a celebrar esta festa e a coñecer un pouco máis a cultura de Irlanda.