Os alumnos de 4º da ESO, acompañados pola directora, Berta; a titora: Conchi; e a Orientadora: Isabel, asistimos, o día 21 de febreiro, ás Xornadas de Orientación Académica e Profesional do Concello de Fene. Alí, recibimos información de diferentes Titulacións e dos Ciclos Formativos, e respostáronnos a todas as dúbidas que se nos presentaron.
Chega o outono, a estación na que as follas caen das árbores, apañamos as castañas, tendo moito coidado cos ourizos, e tamén hai que abrigarse un pouco.
O pasado día 13 de febreiro, os alumnos de 1º e 2º de FPB e algúns alumnos de 4º de ESO, acompañados polos seus titores e pola orientadora, visitaron o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Alí recibiron información dos ciclos medios de Sistemas Microinformáticos e Redes, Actividades Comerciais e Xestión Administrativa, entre outros.