Un Halloween aterrador en primaria

Outro ano máis agardamos a chegada do 31 de outubro para celebrado! Decoramos os corredores, as aulas e a entrada do cole.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Logo, cada curso fixo unha actividade relacionada co vocabulario de Halloween. Os de primeiro, unhas pantasmas terroríficas “ghosts”. Os de segundo, as cabazas “pumpkin” e “Jack’o Lantern”. Os de terceiro, os monstros “monsters” e actividades como sopas de letras, encrucillados e, ademais, creamos un morcego coas nosas propias mans como ás.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Os de cuarto, os vampiros e morcegos “vampires & bats”; e debuxamos bruxas “witches” paso a paso, usando cores frías e que daban moito medo. Os de quinto elaboramos unhas máscaras monstruosas e fixemos diferentes actividades relacionadas co vocabulario desta época; e os de sexto preparamos as bolsas para enchelas de doces co truco ou trato “trick or treat”.

Tamén pintamos as caras para a ocasión. Fomos polas clases pedindo caramelos que nos daban a cambio dalgunha preguntiña. Degustamos unhas merendas terroríficas que axudaron a facer os alumnos de terceiro e creamos xogos axeitados para este día. Xogamos aos bolos–pantasmas, lanzamos aros aos sombreiros de bruxa, corremos con culleres con ollos na boca e puxémoslle as partes que faltaban a diferentes debuxos sen ver, seguindo as instrucións en inglés dos compañeiros.

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

[ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third][/ezcol_1third] [ezcol_1third_end][/ezcol_1third_end]

Para que vexades o moito que gozamos, aquí vos queda unha mostra.

0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0
0

Post relacionados