Educación vial

A importancia dun segundo

Os alumnos de 4º de ESO, A e B, asistiron o día 21 a unha charla sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcohol ou drogas, ou de acompañante nun coche no que o seu condutor estivese baixo estes efectos.

Ademais, realizaron unha práctica con uso de simulador de moto e actividades empregando gafas de simulación de alcohol.

A información foi moi interesante. Agradecémoslles a Pedro e a Tino todo o que nos ensinaron e como nos achegaron a unha realidade que semella estar lonxe, mais non é así.

Post relacionados

LondonLondon

Os alumnos de Primaria teñen moito interese pola vida e cultura inglesa, especialmente pola cidade londinense. Así que, como era moi difícil ir de viaxe ata alí, decidimos traela ao noso cole. O primeiro que fixemos foi ubicarnos xeográficamente e aprender símbolos relacionados como a súa bandeira “union Jack”.

(máis…)