Día da PAZ 2019

Os nenos de infantil e  primaria  celebramos, o 30 de xaneiro,  o día da PAZ. Decoramos uns medallóns con diferentes cores e unha pomba para facer uns colgantes.

Ademais, ensaiamos unha coreografía e unha canción que se chama:

“A Polca da Paz”

Foi moi divertido porque bailamos uns con outros cambiando de parellas durante a canción.

Fixemos murais que colgamos nas paredes do pavillón, e vimos como soltaban as pombas conmemorando este día.

PAZ PARA TODOS!

“A paz comeza cun sorriso”
Madre Teresa de Calcuta

Post relacionados

SamaínSamaín

Os alumnos de Ed. Infantil tivemos un SAMAÍN aterrador cheo de sorpresas.

Escoitamos contos dramatizados, disfrazámonos, fixemos experimentos, manipulamos e gozamos con diferentes provocacións sensoriais…