Actividade TEI na ESO

O día 18 de febreiro, os alumnos pertencentes ao Programa TEI realizaron unha actividade conxunta con motivo do entroido.

Por parellas, titor de 3º e o seu titorizado de 1º, fixeron uns monicreques (bonecos de papel típicos da zona de Ourense e do xoves de compadres), que serán expostos para que un xurado, formado polos nenos máis pequenos, se encargue de escoller o mellor.

A parella ganadora recibirá un premio.

As fotos recollen algúns destes momentos.

Post relacionados