Admisión 2024-2025

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido publicadas con data do 25 de abril de 2024, segundo indica o Artigo 35 da Orde do 21 de outubro de 2022.

Contra estas listaxes ábrese un prazo de 5 días hábiles contados a partir do 26 de abril para presentar reclamación (véxase como xustificar os criterios alegados no baremo).


Rematado o prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024-2025, será necesario baremar nos cursos onde se rexistraron máis solicitudes que prazas ofertadas, así como nos cursos onde non había vacantes.

  • 4º Educación Infantil
  • 1º Educación Primaria
  • 3º Educación Primaria

O prazo de presentación da documentación para acreditar os criterios de admisión alegados na solicitude estará aberto ata o día 5 de abril de 2024.

Post relacionados

Concurso de videopoemasConcurso de videopoemas

Un grupo de alumnos de 4º de ESO acudiu a Lugo, o sábado día 11, para recibir o diploma de finalistas no III Concurso de videopoemas, organizado pola Casa Museo Manuel María. Gozamos dunha xornada moi agradábel durante a que se proxectaron os vídeos finalistas; e tamén coñecemos un pouco máis sobre a vida deste gran poeta e defensor da nosa lingua.

(máis…)