All about me

O alumnado de 6º de Primaria, na materia de lingua inglesa, creou un póster no que resumiu información sobre eles.

Nunha colmea poñían o seu libro favorito, canción, comida, deporte… coa finalidade de coñecerse un pouquiño máis.

Despois, decoraron a súa abella que ía á procura da súa colmea.

Todos temos gustos distintos, pero formamos un enxame ben grande.

Post relacionados

I Concurso CibeRespectI Concurso CibeRespect

Os alumnos de 4º da ESO realizaron dúas curtas contra o discurso de odio, o racismo e a xenofobia: “Respecto en rede”.

Presentáronse ao concurso de curtas CibeRespect, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración coa ONG Ecos do Sur. O vídeo “Invisible” quedou en segundo lugar tralo fallo do xurado que tivo lugar o pasado mércores 27 de novembro nunha gala celebrada en Arteixo.

(máis…)