Aprendendo dos nosos compañeiros

Nalanda, unha compañeira de cuarto de Primaria, esta semana da volta ao cole, paseando pola praia da Frouxeira de Valdoviño, de súpeto, atopouse cun impresionante tesouro…

Unha buguina xigante!

É moi fermosa e cando a achegas á orella, como por arte de maxia, pódese escoitar un son moi semellante ao do mar.

Así que quixo compartir a experiencia con tódolos compis de primaria e aproveitamos para repasar o aprendido en ciencias acerca destes animais invertebrados, pertencentes ao grupo dos moluscos e ao subgrupo dos gasterópodos.

Encantounos!

Agora, cada vez que vaimos á praia, estaremos pendentes por se temos a mesma sorte de atopar unha tamén nós!

Post relacionados

1ª Xornada de convivencia1ª Xornada de convivencia

O venres, 12 de abril, celebramos a primeira xornada de convivencia do noso colexio. Foi un día entrañable e diferente no que os nenos realizaron diferentes obradoiros compartindo tarefas, xogos, diversión e amizade. Ao remate da mesma, preguntáronnos se para o vindeiro ano se repetiría porque o pasaran moi ben.

(máis…)